mércores, 4 de decembro de 2013

Os comezos

A Mosca Chosca xurdiu como calquera outro proxecto: de casualidade. A iniciativa comezou cando desde a Biblioteca Pública Municipal de Arteixo quixo facer unha programación de contacontos para crianzas de 1 a 3 anos. Non existía aínda unha actividade dessa características para ese abano de idade. Foi entón cando botou a andar esta bonita aventura.

O 10 de abril de 2013, David e María, xuntáronse para facer que os cativos e cativas de Arteixo desfrutasen de contos e música. Desde entón, e grazas á aceptación dos nenos e nenas e dos seus pais, este proxecto foi tomando forma e agrandándose cada vez máis, contando, claro está, co apoio da Biblioteca Pública Municipal de Arteixo.

Nun primeiro momento, a idea consistía en facer chegar aos nenos e nenas contos de todo tipo, tratando tamén de incluir episodios musicais para que a formanción dos cativos e cativas fose máis completa. Así, e coincidindo coa ampliación do proxecto e o comezo do novo curso, plantexámonos seguir unha serie de bloques temáticos nos contos, a parte de seguir a contar co elemento musical e incluir elementos teatrais, os cales tratan de dotar de fío argumental a cada unidade temática. Ademais, tamén tratamos de acercar ás crianzas á cultura e á lingua galega, polo que comezamos a ampliar a presenza do galego, así como aqueles elementos relevantes da nosa cultura, como é o caso, por exemplo, do Magosto ou o Samaín.

Por todo isto, o obxectivo último desta actividade non é outra que a de aprender desfrutando. E non só iso, senón que consiste en aprender contidos transversais, é dicir, contidos de diferentes disciplinas que só en principio non están conectados. Deste xeito a aprendizaxe é máis completa e divertida, ademais de que busca implicar aos nenos e nenos e nenas na creación do seu propio coñecemento, ao tempo que involucran aos demais membros da súa familia (pais, nais, avós, avoas...) na actividade.

Esta é a presentación do noso proxecto. A partir deste momento iremos publicando a nosa marabillosa experiencia no día a día, ademais de acompañalo cos materiais que fomos empregando, para así poder botar man deles quen quixer. Deste modo, as propias crianzas sempre poderán ver estes contidos nas súas casas acompañados polas súas familias.

Así comeza A Mosca Chosca.




Ningún comentario:

Publicar un comentario